Rematando xaneiro chega o noso primeiro obradoiro do ano. Acompañados de María, reflexionamos sobre o uso da linguaxe nos diferentes medios e como o empregamos para referirnos a un dos temas más presentes nas novas diarias: as migracións.
Son os migrantes “ilegais”? É necesario recurrir a termos bélicos, de medo ou racistas para referirnos a eles? O noso alumando fíxose consciente grazas ás actividades de hoxe de que o uso da linguaxe pode crear certos estados de opinión e que, ante todo, somos persoas e non etiquetas.
Decatarnos da influencia que teñen os medios na nosa forma de pensar e a capacidade que teñen para manipularnos é o primeiro paso para deter esta situación. O estudantado do Milladoiro tivo a ocasión de reflectir as súas conclusións e reflexións nunha serie de memes que crearon para tal fin!
Afortunadamente aínda quedan moitos e moitas xornalistas comprometidos coa súa profesión para axudarnos a ver a realidade con outros ollos! Grazas, Agareso!!