Neste curso, o grupo de 2ºB embarcámonos no proxecto EpD_LAB, organizado por AGARESO, para descubrir o mundo cunha nova mirada.
Na primeira sesión, o 25 de outubro, comezamos escribindo adxectivos en dúas cartulinas, unha con silueta de home e outra con silueta de muller. Despois intercambiamos as siluetas, facendo que a de muller tivese os adxectivos do home e ao revés. Decatámonos, entón, de que los adxectivos do home servíanlle á muller e os da muller, ao home.
Na segunda parte da sesión, fixemos unhas fotos nas que escribimos un texto contra as desigualdades, tanto machistas, como racistas, etc. Houbo todo tipo de fotos, graciosas, serias e realistas, pero todas elas convincentes.
No grupo quedamos con ganas de repetir e aprender cousas novas con esta actividade.
Na segunda sesión, o 29 de novembro, a clase de 2ºB estivemos facendo a comparación entre homes e mulleres. Traballamos a partir dunhas imaxes de grandes campañas publicitarias e observamos que as mulleres estaban moito más incómodas e con posicións enganosas que aparentaban situacións moi distintas ás reais. En cambio, os homes estaban máis confiados, cómodos e con posicións chulescas. Ademais, miramos a escea dunha película protagonizada por Mario Casas, na que este lle insiste constantemente á súa parella en que nunca o deixe, que non fale con homes ou rapaces maiores de cinco anos e que sempre lle ten que facer caso ao que el dixese. Despois disto, puxeron un vídeo que recopilaba os comentarios machistas de Pablo Motos cara ás súas invitadas e, finalmente, creamos un pequeno vídeo con voz que trataba a igualdade de xénero.