Neste cuarto obradoiro aprendemos a analizar a linguaxe empregada para presentar a información nos medios de comunicación, e recoñecemos que gran parte do vocabulario xa trae consigo moita carga extra de prexuizos, que nos van encamiñando cara unha opinión determinada, sen que sexamos, siquiera, conscientes desta manipulación.
Destacamos o feito de ensinarnos a abrir os ollos para facer unha visión máis crítica da linguaxe sensacionalista usada en moitos medios.
E rematamos creando memes para amosar visións dunha realidade libre de prexuizos.