Esta cuarta sesión foi realmente interesante. Os esteriotipos son fillos dos prexuízos e, estes últimos, unha simplificación da realidade. A sesión partiu dun vídeo no que se empregaba a palabra “gallego” de xeito pexorativo. Despois, tratamos de adeviñar, a través de dúas novas de xornal (na que se ocultaba gran parte do texto para resaltar certas palabras empregadas) e tamén a través das imaxes que acompañaban ós artigos, cómo se trataba de crear unha sensación de alarma inxustificada co emprego dunha linguaxe bélica para referirse ao fenómeno da inmigración. O alumnado reflexionou entón sobre o uso da linguaxe nos medios, sobre como as palabras poden chegar a construir esteriotipos negativos cara as persoas migrantes ou doutra raza ou etnia.
A conclusión: se nunha clase de 3ºESO todos e todas somos diferentes, tamén o son ás persoas de nacionalidade e cultura diferente á nosa. Non ten sentido, nen xustificación ética, asocialas por defecto a comportamentos delictivos. Son as condicións de desigualdade, e non o lugar de procedencia, o que explica mellor estes actos.
Mais non só vale con reflexionar na aula: os mozos e mozas de 3ºESO quixeron participar na Rede para transformar a sociedade.
A súa contribución: crear memes e responder con gifs para denunciar e concienciar sobre os esteriotipos.
O seu compromiso: estar atentos e observar cando nos estamos deixando levar por prezuizos e esteriotipos.
Como participante na actividade, penso que é un gran acerto axudar ao alumnado a seren críticos coas mensaxes que ven e reciben. Tamén o é o feito de educalos para participar e responder activamente, empregando neste caso as micronarrativas propias da xuventude que usa a Rede como espacio de relación.