Na última sesión antes do Nadal, Roi achegounos a unha das realidades máis preocupantes do momento: como distinguimos a manipulación nos medios de comunicación? É verdade todo o que nos din? Hai que crer o que lemos só polo feito de estar publicado?

Unha das cuestións máis importantes que temos que aprender desde nenos é o feito de ser críticos e de ser quen de poñer en dúbida ideas preconcebidas que nos chegan por distintos canles. Debemos aprender a constrastar! A falta de información veraz alimenta os bulos e os prexuízos.

Coma sempre, grazas, Roi, por guiarnos nesta aprendizaxe!