E chegamos á 3ª xornada do EpdLab! Nesta ocasión traballamos a obxectividade e subxectividade á hora de informar nos diferentes medios de comunicación. Para iso, analizamos titulares de prensa da mesma noticia publicados en distintos xornais e puidemos observar como, dependendo do enfoque adoptado por cada un deles,cambiaba a nosa percepción do acontecido.
Na segunda parte da sesión centrámonos nos bulos e falsos rumores que se propagan nas redes en canto a temáticas como as migracións, delincuencia, machismo, racismo, etc e o alumnado realizou unha serie de vídeos para denunciar esta situación.