Bueno,hoxe xa é o terceiro día traballando co EpDLab facendo uns divertidos obradoiros. Desta vez estivemos falando e opinando respecto do subxectivos que son os xornais,  e tivemos que decidir se algunhas noticias eran verdade ou mentira.

Este tema dos xornais tamén o relacionamos co racismo, porque ás veces o enfoque das noticias fai que a xente se faga unha idea equivocada deste tema, falando mal deles e non fixándose en como é a verdade. Se se puideramos parar o non aceptar ás persoas mulsumáns, marroquís ou as que veñen refuxiadas, estaría moi ben da nosa parte. Logo de opinar sobre estes temas, fixemos cos nosos móbiles un pequeno vídeo explicando que os rumores que se din sobre o racismo non son o que parecen, por exemplo, se chegan realmente moitos refuxiados a España, se todos os mulsumáns, árabes e demais son terroristas …

Os obradoiros son xeniais porque relacionamos o que nos gusta con temas moi importantes, esperamos facer máis!! 😀

Anxos Abad. IES Castro Alobre.