Durante o mes de novembro, seguimos a traballar sobre a construción do xénero. Si ben no primeiro obradoiro reflexionamos sobre a nosa propia identidade e a nosa relación coas persoas que nos rodean, neste segundo obradoiro miramos cara a fóra para ver como a representación das identidades determina as actitudes e os valores sociais asignados a cada xénero.
Para isto, miramos aos medios de comunicación, que son o soporte do noso imaxinario socio-cultural, que representan patróns ou referentes con máis influencia na nosa vida cotiá da que imaxinamos.
Traballamos con publicidade de grandes marcas, con revistas e con programas de televisión. O debate lévanos a un lugar común: son as mulleres que saen na tele libres para decidir que roupa levan ou non? Para iso, centrámonos no caso da presentadora das “Campanadas” durante dous anos en La Sexta. Ao final, chegamos á conclusión de que, se elas non quixeran mostrar o seu corpo e actuar como “floreiros”, posiblemente non serían famosas nin tampouco terían un rol tan destacado nos programas máis populares.
Rematamos co cine e as series; despois de ver o fragmento da serie El Barco, vivimos por primeira vez un momento que nos deixou sen palabras. En dous dos grupos, houbo quen preguntou: “pero isto que é? Un corto anti-machismo? Porque iso non pode estar nunha serie de verdade!”
Para rematar, usamos a app MadLipz para facer as nosas dobraxes en clave feminista. Velaquí os resultados: https://epdlab.gal/category/xeneros-e-narrativas/cine-e-dobraxe/