O día 27 de outubro tivemos una clase especial. Veu Roi, do EPDLAB, a falar da discriminación ás mulleres. Foron as dúas últimas horas e, aínda que estabamos cansos de tanto traballar, pasámolo moi ben.

Primeiro vimos unas fotos de publicidade de mulleres e de homes. Estivemos opinando das posturas e as expresións que tiña cada un. Logo vimos os roles de xénero nos medios a través de vídeos do programa da televisión “ El hormiguero”, a través de fotos das campanadas sobre un vestido polémico…

Logo chegou o momento que máis nos gusta, o traballo cós móbiles: estivemos dobrando escenas, a través da aplicación “MadLipz, denunciando o sexismo.

Desfrutamos moito da clase, estamos desexando repetir!!!

 

Pedro Casal Gómez. IES Castro Alobre