Na 2ª sesión de EpdLab seguimos traballando sobre o sexismo e roles de xénero, pero nesta ocasión centrámonos na imaxe que se proxecta dos homes e das mulleres nos medios de comunicación social.

Con María, analizamos e reflexionamos sobre cómo aparecen representadas as mulleres  en diferentes películas, series e anuncios publicitarios.

Para rematar, os/as alumnos e alumnas realizaron en  grupo unha actividade de dobraxe  empregando a app MadLipz. O resultado: unha serie de vídeos para facernos pensar sobre os estereotipos de xénero tan  presentes na nosa sociedade.