Comezamos a terceira edición do proxecto EpdLab con ganas e con novos centros que nos acompañarán durante este curso como son o Castro Alobre de Vilagarcía e o Johan Carballeira de Bueu. Incorporamos tamén algunhas modificacións; o proxecto ten unha clara vontade de experimentación e por iso cada ano traballamos con diferentes narrativas. Unha delas foi a empregada nesta primeira sesión: a fotografía estilo “Instagram”. Facémolo porque somos conscientes de que hai anos que o valor da fotografía adquiriu outro rol que viu determinado pola tecnoloxía móbil e a ubicuidade das imaxes, a primeira persoa, os retratos informais pasaron a formar parte da nosa vida cotiá e da vida da rapazada nas escolas. Por iso decidimos que a práctica desta sesión sería ben sinxela: unha imaxe deles mesmos cunha frase que amosara ao seu posicionamento sobre o tema que traballamos na sesión:
Imaxes que falan de respecto e igualdade. Porque este e un dos eixos centrais do proxecto e, a súa vez, unha resposta a un dos retos expresados ano tras ano. A necesidade de traballar na empatía , a necesidade de acadar unha maior equidade, a necesidade de educar a prol da xustiza social tanto na contorna máis próxima como a escala global. Por iso este ano os contidos tamén mudan un pouco e vanse estruturar comezando dos temas máis próximos a eles como son a igualdade de xénero e os prexuízos culturais para camiñar despois cara outros como o racismo,ou o medioambiente, e acabar nun contexto global de desigualdades norte-sur, cooperación e voluntariado.
Todo este camiño que acabamos de retomar irémolo compartido neste espazo así que invitadas estades a acompañarnos!