Nesta primeira sesión do proxecto EpdLAB co grupo de alumnado de 2ºC da E.S.O., do I.E.S.Pintor Colmeiro, a mediados de outubro, ademáis da presentación do proxecto e do sistema de traballo, a realización dunha enquisa inicial individual sobre o emprego das redes sociais e o coñecemento de diferentes realidades e circunstancias no mundo actual, a temática concernida para comezar este laboratorio foi o sexismo na sociedade e nos medios de comunicación.
Para iniciar Roi propúxolles que reparasen nos estereotipos existentes na nosa sociedade á hora de caracterizar con adxectivos ós homes e ás mulleres. Despois duns minutos de reflexión e traballo sobre cartulinas, a través dunha enxeñosa manobra de cambio de etiquetas, as mozas e mozos puideron recoñecer que a mayoría dos adxectivos propostos eran válidos para os dous sexos. Ningún dos que lles saíran era específico só para mulleres ou só para homes.
Seguidamente tiveron que redactar titulares para imaxes tiradas da prensa actual. Cando despois comparamos as súas versión cos titulares reais que acompañaban a esas imaxes na prensa, puidemos comprobar o enorme pouso sexista vixente, xa que, no canto de aclamar os éxitos de diferentes deportistas femininas (que eran os exemplos propostos), os titulares reais resaltaban únicamente aspectos da feminidade destas mulleres, menosprezando as súas victorias.
Esta actividade foi a que máis reaccións provocou sobre o alumnado, que, aínda que recoñecían que ese sexismo segue sendo moi maioritario nos medios de comunicación, provocaba neles un sentimento de inxustiza e un amplo rexeitamento.
Logo visionamos vídeos protagonizados por mulleres, nos que éstas manifestaban o seu orgullo por ser mulleres e as ganas de sentirse mulleres, capaces de abordar calquera opción que lles vaia xurdindo en igualdade de condicións que o sexo masculino. Recoñecendo que o que importa son as ganas de conseguir os obxectivos propostos.
E finalmente a actividade práctica da foto con mensaxe, que nesta ocasión quedou un pouco escasa de tempo.
Ó longo das duas horas que durou a sesión o alumnado estivo moi receptivo e involucrado no proxecto. Rápidamente apareceron voluntarios que iban dando conta de todo e subindo fotos en tempo real ás redes sociais.
Pensamos que o proxecto coallou neste grupo e que quedaron con ganas de abordar deste xeito participativo, as novas temáticas que os agardan.