O 24 de outubro tivemos a 1ª sesión de Epdlab.
Roi explicoulle ao alumnado de 3º de ESO en que consistía o proxecto e puxémonos en marcha!
Primeiro, os alumnos e alumnas realizaron unha enquisa inicial para comprobar os coñecementos previos sobre os diferentes temas que imos traballar ao longo do curso. Feitas as enquisas metémonos de cheo na temática a tratar ese día: o sexismo e roles de xénero.
En grupos fixemos unha actividade para reflexionar sobre os roles de xénero e os estereotipos presentes na sociedade. Sorprendeunos gratamente o coñecemento que o alumnado posúe sobre este tema! Despois analizamos titulares sexistas sobre mulleres deportistas aportando a nosa opinión ao respecto e expresando as sensacións que nos provocaban.
A xornada rematou cunha actividade na que o alumnado, en pequenos grupos, e empregando a aplicación Phonto, creou imaxes con mensaxes para concienciar contra o sexismo e roles de xénero.
Foi unha xornada moi divertida e proveitosa… Desexando que chegue a seguinte!!