Somos responsables cando consumimos?. Cremos realmente nos beneficios dos produtos que nos anuncian as campañas publicitarias? É xusta a distribución da riqueza? Temos algo que ver co esgotamento dos recursos? O noso modelo de produción e consumo é sostible? Todos estas preguntas e as súas respostas leváronnos a deseñar as nosas propias mensaxes críticas coas grandes empresas alimentarias (e outras) que determinan non só a nosa saúde senón tamén o desenvolvemento sostible dos pobos e a explotación dos traballadores, unha cadea que os nosos alumnos/as comezaron a entrever nesta sesión. Déixovos coa campaña de contrapublicidade argallada polo noso alumnado!!