Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.

ODS por un mundo xusto

Por |2017-10-25T18:15:31+02:0025 Maio, 2017|Animación, Blog, Cooperación e voluntariado|

O penúltimo obradoiro desta edición de EpdLab adicámolo a falar de cooperación e voluntariado. Dúas palabras que todas as persoas coñecemos aínda que non sempre temos claro o que significan xa que moitas veces tendemos a misturalos con ideas asistencialistas que pouco, ou nada, teñen que ver coa cooperación que, por definición, implica co-laboración.

Comezamos vendo como a nosa posición no mundo fainos ver a realidade dunha determinada maneira. De novo a subxectividade que víramos que existía nos medios de comunicación pero agora aplicada a nós mesmas. Cuestionando a nosas visión do mundo e visibilizando o reparto desigual, a través dunha serie de mapas, chegamos á conclusión de que se queremos un mundo xusto, equilibrado, a para iso faise preciso xuntar as nosas forzas.

SUSTENTABILIDADE. SOBERANÍA ALIMENTARIA. CONTRAPUBLICIDADE.

Por |2017-10-25T18:10:55+02:006 Maio, 2017|Blog, Contrapublicidade, Economía solidaria, IES de Milladoiro|

Que esconden as grandes campañas publicitarias cheas de mensaxes positivas e solidarias? Sabemos a costa de que se fan os produtos que consumimos millóns de 
h10638 mpersoas cada día? Que impacto teñen os nosos hábitos de consumo sobre o medio no que vivimos?
Go to Top