Apareceron entón os ODS (Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable). Parámonos a pensar neles; agrupámolos por temáticas, intentamos priorizalos e comprobamos que, en resumo, todos estes obxectivos forman parte dun todo: a loita contra a desigualdade. Detivémonos especialmente no “Número 17: alianzas para acadar os obxectivos”. Este obxectivo serviunos para levar á aula a cuestión: “nós que podemos facer? Como podemos cooperar para un mundo máis xusto?”.

09 09 S SDG Poster

Falamos entón do traballo que realizan as ONGD’s, tanto a nivel internacional como a nivel local. É interesante ver como, en gran medida, descoñecen estas ONGD’s e o traballo que fan. Sin embargo, cando falas delas interésalles, preguntan, sopréndense, falan… tamén polo papel das voluntarias e traballadoras destas organizacións. Quizais non estaría de máis introducir nas aulas máis contidos nesta liña e darlles opcións para que, na medida dos seus intereses e posibilidades, poidan cooperar. Agardamos ter posto o noso gran de area nestes grupos 😉

Xa para rematar, empregamos a última parte da clase en que escolleran unha ONG (a maioría das que escolleron foron de corte medio-ambiental) e tiveron que visitar a súa web, ver que actividades realizan e gravar un pequeno vídeo promocional de animación. Os resultados, velaquí os tedes!