María plantexounos todas estas preguntas e moitas máis na nosa última sesión do EpDLab. Puidemos ver vídeos de publicidade e contrapublicidade, analizar como se comportan as marcas que todos coñecemos co medio, os traballadores, a igualdade, a xestión da auga… Aprendemos o que é a soberanía alimentaria, e como podemos contribuír a un mundo mellor consumindo produtos
de cercanía.
Por último, os alumnos e alumnas deseñaron a súa propia contrapublicidade de coñecidas e recoñecidas marcas, sorprendéndonos coa súa creatividade. Agardamos que vos gusten as súas creacións.