Na sesión de xaneiro, o noso laboratorio de ideas e reflexión meteuse de cheo na imaxe retrógrada que os medios transmiten das mulleres, como seres débiles e emocionalmente dependentes, meros obxectos publicitarios, imaxe que continúa moi presente a pesar de todos os nosos avances sociais.

Pouco a pouco, e axudados pola creación de vídeos coa app MadLipz, fomos invertindo os roles de xénero e vendo como estes espantosos estereotipos sociais se relacionan co inicio da violencia de xénero. Podedes achegarvos ás creacións do noso alumnado de 2º ESO C.