O EpDLAB arrancou o ano 2017 co obradoiro sobre “Sexismo e roles de xénero nos medios”. Neste obradoiro reflexionamos sobre a representación de mulleres e homes na publicidade, nas revistas, na televisión e na prensa, mirando como a narración da violencia machista ven marcada polo papel secundario das víctimas e pola xustificación dos actos erróneos dos homes. Como exemplo dos sentimentos que se espertaron nas aulas ao falar deste tema, temos este tuit de Joel:

Ao longo da sesión, construímos a nosa análise dos roles de xénero e comprobamos que esta representación inflúe no xeito de contar a realidade e, polo tanto, tamén inflúe no xeito no que mulleres e homes vivimos esta realidade:

Paga a pena botar un ollo ás publicacións destes grupos nas redes (#epdlab en Twitter ou Instagram) ou neste blog para comprobar que a igualdade plena e o respeto á diversidade sexual son grandes victorias máis cercanas ás xeneracións novas, aínda que, como sociedade, aínda temos moito traballo por facer. Temos os roles sexistas moi integrados no noso imaxinario socio-cultural e, tamén hoxe, son frecuentemente as rapazas as que teñen que explicar aos rapaces a importancia de non denigrar, humillar e sexualizar ás mulleres cara a construír unha sociedade xusta e igualitaria.