A partir dunha curta animada que nos meteu de cheo na temática desta sesión, comezamos a reflexionar e a expresar as nosas opinións sobre se realmente aceptamos ben aos que cremos que son diferentes a nós: diferenzas relixiosas, racismo, xenofobia, desigualdades sociais e de xénero … foron algúns dos conceptos que centraron a atención do noso alumnado nesta última sesión do 1º trimestre.

O recurso TIC usado nesta ocasión foi a App Vine que permitiu que o alumnado creara breves narrativas editadas en vídeo coas que identificar con claridade as actitudes discriminatorias que non queremos ver como algo habitual e nos ensinasen a rexeitar condutas excluíntes a partir das súas percepcións.