Aclaramos conceptos como racismo ou xenofobia, e saíron a palestra os famosos prexuízos que nos veñen ocupando dende o noso primeiro encontro alá polo mes de outubro.
A continuación Roi explicoulles como utilizar a App Vine para edición de vídeo, e propúxolles que argallaran as súas propias videocreacións en loita contra a xenofobia, o racismo ou o sexismo. Armados de móbiles e aproveitando o sol saímos ao patio e o xardín para que os rapaces e rapazas puidesen gravar os seus vídeos. Esperamos que desfrutedes das súas creacións. Velaquí podedes botar un ollo ao proceso.

IMG_0102.jpeg

IMG_0097.jpeg

IMG_0092.jpeg