Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Obradoiro 3: Vines contra o Racismo
Racismo, sexismo, homofobia... son só algunhas das formas de discriminación presentes na vida cotiá. Como falamos nun dos institutos, “todo o mundo di que non é racista, pero en realidade si que o somos”. Quen non empregou un adxectivo ou nome dun colectivo nun sentido pexorativo? Moitas veces, temos tan integradas na nosa linguaxe certos estereotipos que custa librarse deles.