Xa rematou novembro e, con el, rematamos o segundo obradoiro do EpDLab. Esta vez, traballamos sobre “A realidade, a ficción e a non ficción: o falso documental”, o que nos levou a reflexionar sobre subxectividade e a obxectividade que atopamos na información sobre a que cimentamos a nosa propia visión da realidade. E, pouco a pouco, lendo titulares de diferentes periódicos sobre o mesmo tema e que transmitían mensaxes moi distintas, démonos conta de que a información non está nunca totalmente libre de influenzas culturais e do punto de vista de quen nola conta. A pregunta é ata onde é real a información que nos chega a diario, construímos a opinión correcta partindo da subxectividade do periódico que lemos? Os nosos alumnos tamén foron quen de crear o seu falso documental para darlle a volta á realidade e vela con outro punto de vista, o seu propio punto de vista.