Este pasado luns 28 de novembro desenvolveuse no IES A Sangriña o segundo obradoiro deste curso do EpDLab, que xirou en torno á pretendida obxectividade dos medios informativos, aínda que en realidade tivemos unha visita que dispersou un pouco a nosa atención: o programa A Revista, da TVG, estivo con nós en directo.
Alégranos moito que o traballo que nós e os restantes centros estamos a facer da man de Agareso se empece a dar a coñecer. Como podedes imaxinar, as alumnas e alumnos estaban encantados e emocionados por saír na “tele” e contar o que están a face na aula con Roi e María.
Unha vez que se apagou a cámara puidemos centrarnos máis no contido deste obradoiro, e os rapaces e rapazas reflexionaron, axudados por unhas portadas de xornais, sobre cómo cambia o conto según quen cho conte. Aprenderon que sempre hai que consultar máis dunha fonte cando nos queremos informar, para contrastar informacións e sacar unha conclusión propia. Debido á nosa “incursión televisiva” non tivemos tempo de producir os nosos contidos, pero coidamos que valeu a pena perder unha parte do noso obradoiro en favor da difusión do proxecto que todos compartimos.