Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
As ficcións sobre a realidade
Cando vivimos nun mundo onde a cantidade de información medra en cantidade e redúcese en profundidade, é todo un reto distinguir entre a ficción e a non-ficción. Descubrimos isto cando xogamos a adiviñar […]