Cando vivimos nun mundo onde a cantidade de información medra en cantidade e redúcese en profundidade, é todo un reto distinguir entre a ficción e a non-ficción. Descubrimos isto cando xogamos a adiviñar que noticias son falsas e cales verdadeiras, ou cando falamos de películas baseadas en feitos reais, o mesmo dos anuncios de Gadis. O discurso informativo e o da ficción mestúranse facendo uso das mesmas técnicas e dos mesmos recursos expresivos, e o noso mundo enchese de realidades que moitas das veces, son ficcións. Ou dependen do punto de vista: falamos sobre obxectividade e subxectividade, e sobre a importancia que isto ten sobre a nosa percepción do resto do mundo. A razón é que, se percibimos unha determinada realidade como perigosa, afastámonos de ela e excluímola do noso día a día.

Nas mensaxes dos medios atopamos exemplos de como esta narración subxectiva da realidade conduce á discriminación e a estigmatización de certos colectivos. Para denunciar estas malas prácticas, traballamos nun Falso Telexornal: cada grupo elixiu unha temática e escribiu unha falsa noticia usando a narrativa propia dos telexornais. Con esta práctica, queremos denunciar a comunicación discriminatoria e non responsable que contribúe á exclusión de colectivos sociais non visibilizados, mediante a construción de relatos falsos e/ou subxectivos que acaban por converter unha ficción en unha inxusta realidade.

CycCBVeXcAAc_Nn.jpg_large.jpeg