Durante a xornada de hoxe visitounos María Lobo (AGARESO) para traballar co alumnado de 1º de ESO neste proxecto anual. Hoxe tocaba gravar unha nova inspirada nunhas determinadas imaxes pero cunha voz en off que dera a volta á noticia, intercambiando roles, analizando estereotipos e practicando a empatía.

 

 

Este programa educativo permite ao alumnado traballar en tres liñas importantes: a cooperación entre as persoas como eixo dunha educación en valores, a análise da actualidade e as novas tecnoloxías.