Na primeira sesión deste curso, a do 18 de outubro, atopamos novos sentidos ás palabras publicadas polos medios de comunicación, palabras e datos publicados que xa temos interiorizados como normais e que só nos dan unha visión sesgada e intencionada da realidade, á que xa estamos afeitos. Comezamos novamente a darlle a volta ao que escoitamos e ao que lemos, tratando de crear unha visión máis crítica da realidade que nos permite mellorala. Os nosos alumnos e alumnas EpDlab xa comezaron a criticar a realidade e a aportar a súa visión persoal a través dos incribles memes creados nesta primeira sesión.