Aprendemos as persoas das organizacións e as da comunidad educativa que todo está conectado. Que alumnado e educadoras/es non viven realidades tan distantes, e que realidades tan distantes coma as de rapazas e rapaces que distan 8000 kilómetros, están en realidade unidas por un océano. E que teñen máis en común do que pensan, e pensan que teñen moito que falar, e teñen moita curiosidade por falar.

 

Todas estas cousas aprendemos, e por iso estamos contentas de repetir. De continuar falando de xustiza e inxustizas, así, en plural. Por iso o primeiro obradoiro que fixemos en cada centro foi unha nova sorpresa. Unha sorpresa á que sumamos un novo centro, o de Silleda. E se non credes o que falamos, que mellor que ver os memes que fixeron nesta primeira sesión ou o que nos contaron as que participaron o ano pasado.

Benvida a segunda edición do EpDLab!