Os rapaces e rapazas puideron comprobar como os termos que escollen os medios para referirse a certos colectivos inflúen na percepción que acabamos tendo nós sobre eles. Que importa a nacionalidade dunha persoa que protagoniza unha noticia? Por que só incidimos neste dato cando esa persoa vén dus país determinado? Gustaríanos que a nós nos fixeran o mesmo? A cousa cambia cando un se ve implicado, cando a palabra negativa é “gallego”. Aí comezamos a poñernos en zapatos alleos e a desaprender: non todo o que estamos afeitos a ler é aceptable polo feito de se repetir.

Pese a algúns problemas técnicos, o alumnado mostrouse participativo e desfrutou elaborando contidos coas ferramentas para deseñar memes e gifs. Agardamos impacientes a próxima sesión para ver que nos trae de novo e seguir aprendendo e desaprendendo.