Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Non rendirse. Alzar a voz. Loitar por un mundo máis xusto.
As veces, cando estás metido de cheo nunha cousa esquécesche de dar un paso para atrás e ver todo o que levas feito. Non pararamos a pensar nisto ata que chegou o último mes do EpDLab e xiramos a cabeza para botar unha ollada. E vaia se había cousas! Vaía diversidade de contidos e, sobre todo, vaia coa capacidade de reflexión e de relectura de contidos que ten o estudantado da ESO. Mergullarse uns minutos na web do EpDLab da para moito.