Por iso quixemos facer que esta última sesión a rapazada fixera isto mesmo. Un paso atrás para ver todo o que tiñamos camiñado xuntos. Fixemos un exercicio de memoria en forma de xogo no que tiñan que enlazar contidos con ferramentas. Foi curioso comprobar como certos conceptos que nós considerabamos “secundarios”
quédanlles moi claros mentras que outro máis xenerais or recordan pero a partir dos anteriores. É difícil saber a priori que contidos lles van enganchar, pero quedamos sorprendidos porque recordaban todo, dende a primeira sesión ata a última. Iso si, con un pouco de axuda que xa son 9 meses!
Tocaba despois repasar todos os contidos feitos tanto polos súas/seus compañeiras/os de aula como polas/os de outros centros. Aceptando a diversidade de perfiles, xa que algúns dos centros participantes distan 300km, por non falar das diferencias rural/cidade ou costa/interior, case todos coincidiron en sinalar os mesmos contidos como os seus “favoritos”, como os que máis lles gustaban ou máis lles facían rir. Parece que esta diversidade se difumina cando falamos de cultura dixital. Do mesmo xeito, comprobamos unha eiva que xa tiñamos detectada: unha vez saen dos institutos a súa vida vai por outros sitios. Polo que para moitos deles foi aínda máis soprendente ver todo o traballo feito, xa que non entraran pola súa conta na web. Isto reforza a necesidade de traballar nestes contidos nas aulas, xa que son os centros educativos o lugar onde poden agromar conceptos coma: inclusión, xustiza social ou sexismo. Son unha oportunidade para traballar estas ideas e construir unha cidadanía tolerante e responsable.
Xa por último, quixemos acabar cunha tarefa moi analóxica. Para isto, collimos rotuladores e cartulinas. En cada unha delas había unha pregunta diferente á que lle tiñan que dar resposta entre todas/os:
Que cousas sabes e que cousas podes ensinar a outro nenos ou adultos?
Que cousas nos gustaría cambiar do mundo no que vivimos?
Qué podemos facer para cambiar as cousas? Que cousas están nos nosas mans?
O que queriamos con isto era poñer en valor o traballo feito por eles/as. Tiñamos claro que son o futuro a aínda que son moi novas/os, sabenmos de certo que son capaces de ver as inxustizas e que serán eles as/os responsables de mudar as cousas. E de novo, sorpresas. Como que á pregunta sobre que está nas nosas mans para cambiar o mundo escriban: non rendirse. Alzar a voz. Loitar.
Hai futuro.