Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.

Lorena trouxo as videocartas do Salvador!

Por |2017-10-24T19:10:41+02:0025 Maio, 2016|Blog, IES A Cachada, Interculturalidade, Videocartas|

A sesión do martes 24 de maio no EPDlab foi impartida por Lorena, quen achegou a cachavalada a realidade do Salvador. Tróuxonos un libro de fotos do proxecto de AGARESO nese país centroamericano, presentounos un documental contando a experiencia, e vimos as videocartas elaboradas por alumnado deste país.

A labor de Agareso

Por |2017-10-24T19:10:00+02:0023 Maio, 2016|Blog, CPI Navia de Suarna, Interculturalidade, Videocartas|

Na última sesión fíxonos unha visita Lorena, membro de Agareso (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios) para falar con nós sobre a situación no Salvador e a súa labor alí na creación de radios comunitarias. O alumnado reflexionou, gracias ás fotografías que lles mostrou e ás súas palabras sobre elas, acerca do diferente que é ser neno/a ou adolescente alí ou aquí. Entenderon que os rapaces non ingresan nas Maras por convencemento, senón como unha forma de supervivencia, e falamos sobre as consecuencias que ten esa pertenencia nas súas vidas. 

ACTÍVATE!!

Por |2017-10-24T19:09:30+02:007 Maio, 2016|Animación, Blog, Cooperación e voluntariado, IES de Milladoiro|

Na última tarde de obradoiro, falamos con Roi de cooperación e voluntariado. Achegámonos ao que cremos que entendemos cando usamos estos dous conceptos, e logo dunha serie de preguntas empezamos a desmontar os prexuízos que existen con respecto a algunhas ONGDs, o tipo de traballo que desevolven e cal é a imaxe deste traballo que se nos transmite, que actividades levan a cabo, quen as desenvolve e en que países…

Go to Top