Démonos conta do importante que é que a xuventude teña outras alternativas de ocio e tempo libre como a radio comunitaria, na que tamén se poden sentir como parte de “algo” e ademais compartir coa comunidade as súas grandes e pequenas inquedanzas. ¡Mágoa que aquí non teñamos moitos exemplos deste tipo de medios, independentes e apegados aos intereses da xente de a pé.

A continuación, os rapaces puideron ver as mensaxes que os seus compañeiros de El Salvador lles enviaron mediante vídeo-cartas e contestalas á súa vez, traballando cos seus móbiles.

agaresco 200

Queremos felicitar a Agareso polo seu traballo. Ogallá algún día non sexa necesario.