Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Cooperación
Este pasado mércores María falounos de cooperación. Reflexionamos sobre o concepto, falamos sobre o traballo das ONG´s, sobre o voluntariado... Aprendemos que o traballo das ONG´s é unha reacción en cadea que a partir de pequenos xestos pretende provocar un gran cambio, e o papel que nós podemos xogar nese cambio necesario.