Por iso comenzamos falando dos métodos e estratexias que a publicidade usa para vender os seus productos. Centrándonos na alimentación apareceu Leo Messi comendo patatillas, a muller obxecto como reclamo, Coca-Cola e a súa felicidade instantánea… pero espera. É todo verdade na publicidade?
Houbo un rotundo non como resposta. Hai unha certa conciencia crítica á hora de valorarse como consumidores. Por iso falamos das problemáticas asociadas a certos produtos que normalmente están silenciadas nos medios xeneralistas. Falamos de Coca-Cola e oacaparmento de augas, falamos, de Kit-Kat e as repercusións que tén o uso do aceite de palma para os seus chocolates. E comprobamos, grazas aesta web de Oxfam, como as grandes multinacionais da alimentación maltratan o medio e ás persoas na maioria os lugares onde operan. Especialmente, unha vez máis, nos países do Sur.
Sorprendeulles moito coñecer todo isto. A maioría deles (e seguro que moitos de nós) nunca se plantexaran o ”custo” que estes alimentos tiñan para o mundo e para as persoas . Sorprendeunos que non souberan de onde proveñen moitas das cousas que comen. Pero si que sabían da deslocalización de industria textil e das razóns que hai detrás dela. Sabían do traballo esclavo que se esconde detrás de moitas marcas deportivas. Algo temos gañado, pensamos, xa que nós non tiñamos nin tan sequera idea disto coa súa idade.
Volvendo á alimentacióm introducimos, agora sí, conceptos como a soberanía alimentaria, o kilómetro 0 ou a inseguridade alimentaria. Axudou a súa comprensión todo o falado antes, sobre todo a panorámica sobre ás diferenetes marcas que fixeramos. Así que chegou a quenda da contrapublicidade, que é unha forma intelixente de darlle a volta as mensaxes publicitarias e subvertir o seu significado. Dito doutra forma: modificar un anuncio xa existente para que diga o contrario do que quere dicir. Penso que esta vez máis que nunca os traballos falan por si sós así que invitámosvos a ver e comopartir a galería que fixeron, algún deles xeniais.