Comenzamos plantexándolles algúns dos retos que ten o mundo actual con respecto a súa sutentabilidade. Comezando polo propio termo sutentabilidade, e de aí camiñando para ver as causas (e causantes) do cambio climático. Pasamos despois ás consecuencias e comprobamos como, unha vez máis, este problema “de todos” está  afectando principalmente aos menos favorecidos, incidindo todavía máis nos desequilibrios norte-sur. Tamén analizamos que papel están a xogar os estados na mitigación do problema e chegamos á conclusión de que os gobernos pouco ou nada están a facer por revertir as cousas, xa que a maioría de protocolos acaban en papel mollado.

Por iso decidimos que cada un de nós tiña que dar exemplo. Íamos a facer o noso propio protocolo. Pero antes había que saber que cousas tiñamos que cambiar. Empregamos unha ferramenta online para comprobar cal era a nosa pegada ecolóxica. Caras de sorpresa ao ver o impacto que a súa forma de vida ten no planeta: “necestito dous mundos e medio!”. Interesante tamén ver a disparidade de resultados dentro de cada aula, polo que parece que a pegada ten máis que ver con patrones de vida individuais máis que co contexto onde viven.

 

Aquí introducimos outro concepto importante nesta sesión. Imos facer o noso protocolo en vídeo. Imos facelo empregando imaxes de outros. Pero non vale calquera imaxe: imos empregar imaxes con licenza Creative Commons. Desta maneira, introducimos nas aulas un espazo para falar da cultura, da creación, como un ben común. Unha riqueza coleciva que cando se reutiliza, se remezcla e se reapropia e posibilitadora de novos signifcados.

Pensamos que a reflexión sobre este tema é básica pero é unha das grande olvidadas do sistema educativo. Hai un potencial inmenso na reapropiación e reformulación dos bens intanxibles. Preparando isto tamén nos acordamos dalgo que nos dixeran na gravacion dun documental hai uns anos. Unha entrevistada falaba de que as cousas non cambiarían ata que deixemos de falar de “recursos” naturais, entendendo o recurso como algo que é da nosa propoedade e pode ser usado, e pasemos a falar de “bens” naturais, bens común, que non son máis que algo que temos entre todas as persoas e que é reponsabilidade de todas coidalas para que sigan existindo.

Deixámosvos coa playlist dos traballos que fixeron na aula.