No último obradoiro do EpDLab reflexionamos sobre a publicidade, sobre as mensaxes que transmite, o modo en que o fai, o impacto que teñen nos lugares onde se instalan e todo o que hai detrás desas grandes empresas que “regalan felicidade”. E descubrimos o que é a contrapublicidade, como facela e difundila.

Tamén falamos sobre soberanía alimentaria, sobre o importante que é consumir produtos de cercanía non só para o desenvolvemento da economía local, senón para a saúde do planeta.

Que importante é, de cando en vez, parar a pensar en que hai detrás da comida que consumo, da roupa que visto, dos obxectos que utilizo acotío. E nos obradoiros do EpDLab, ademais de crear coas novas tecnoloxías, pasalo ben e aprender, pensamos e facémonos consumidores conscientes e esperamos que responsables.