Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Loitemos contra a publicidade engañosa!
Na última sesión de EpDLab, traballamos o tema da contrapublicidade. Moitos de nós non sabíamos que significaba este concepto e o que moitas empresas intentaban esconder. Numerosas compañías famosas aprovéitanse da nosa ignorancia para vender e gañar cartos sen importar as vidas perxudicadas!