Na última sesión do EpDLab, estivemos a analizar as estratexias publicitarias que nos invitan a consumir. Ditas estratexias xérannos diversas sensacións que nos fan pensar que seremos distintos/as, mellores por consumir esta ou aquela outra cousa sen plantexarnos se ese consumo é bo para a nosa saúde, para o medio ambiente ou mesmo se é ou non necesario.
Pero unha vez estudadas estas estratexias, démoslle unha volta, descubrimos a “Contrapublicidade”: empregando os mesmos eslogans, as mesmas cores, a mesma música pero aplicándolle crítica, conciencia, respecto polas poboacións do planeta e moito humor, creamos contraanuncios que denuncian os despropósitos que comenten moitas multinacionais (centrándonos, neste caso, nas da alimentación). E para mostra un botón.