A continuación, propuxéronnos un exercicio de montaxe audiovisual co editor de Youtube, utilizando contidos de imaxe e audio CC: estupenda lección sobre os dereitos de autor e a importancia de crear e difundir contidos libres. Desgrazadamente, o internet non superaba 1Mbps no centro, como de costume, así que o alumnado estivo traballando no “concepto” do vídeo; quedamos en facelo de deberes e envialo a EpDLab.
Fartos de que a nosa Administración presuma sen fundamento respecto ó uso das TICs por parte do profesorado dos centros galegos! Non temos os medios apropiados! :/