Coma sempre, somos nós, coma individuos, os que facemos os maiores esforzos dende a nosa “insignificancia”, porque pequenos xestos individuais poden levar a un gran cambio colectivo, e quizais así consigamos frenar algo o dano que lle estamos a inflixir ao noso planeta. Reducir a nosa pegada ecolóxica de forma individual pode ter unha gran importancia se somos millóns os que o intentamos.
Sobre todo isto reflexionamos todos no obradoiro de febreiro do EpdLab, e o alumnado creou interesantes vídeos sobre o tema co Youtube editor. Invitámosvos a velos. O planeta está nas nosas mans.