Pero, a violencia contra as mulleres é sempre física? Como sociedade, temos superado o feminismo porque xa non fai falta loitar pola igualdade? Cal é o papel dos medios na construción dun imaxinario cultural no que as mulleres e os homes xogan diferentes roles?

Comezamos entón. Primeira actividade: traballamos coa publicidade, seguindo a dinámica proposta por Yolanda Domínguez en Niños vs Moda. As reaccións nas aulas galegas non é moi diferente das vistas no vídeo, aínda que as expresións foran máis serias. Posiblemente pola idade, o alumnado do #EpDLab veu nestas imaxes unhas historias máis tristes. No IES do Milladoiro xurdíu o debate sobre o carácter artístico das fotografías, co que chegamos ao seguinte punto: o rol das mulleres nos medios.Epdlab_sexismo.png

A representación das mulleres nestas campañas publicitarias pode ser un recurso creativo e xa está, pero que pasa na televisión? Decidimos dinamizar o debate dende o vestido que levou Cristina Pedroche nas campanadas en decembro de 2015. Ao ser un feito recente e ben coñecido pola maioría, todo o mundo tiña a súa opinión ao respecto. Os argumentos sobre a liberdade de vestir como queiramos confrontáronse cos que ela non era libre de elixir o seu vestuario pola súa condición de muller. De “muller-floreiro”, falamos; a función da muller é a de un obxecto decorativo.

Cosificar ao xénero feminino é o primeiro paso para promover a violencia. Vimos como as mulleres que sofren violencia de xénero teñen un papel secundario nos titulares das noticias que falan dela, ou incluso desaparecen do titular; as víctimas non están no suxeito central da noticia. Incluso pódese chegar a xustificar o asasinato: matouna por amor. É posible matar por amor? Facemos daño aos seres que queremos? Xurde entón o tema do Amor Romántico como construción cultural que, ao final, non deixa de ser outra ferramenta para xustificar o papel secundario das mulleres, a súa dependencia dos homes e, polo tanto, á violencia (non sempre física) contra elas.

Ao falar do Amor Romántico, temos que bucear no séptimo arte ou nas series de TV, xa son o medio coas historias de amor máis famosas. Traballamos cos argumentos de películas (Spiderman e a saga Crepúsculo), achegándonos á función do Amor Romántico e á relación entre os xéneros.

Rematamos este bloque vendo en grupo-clase esta escea da serie “El Barco”, onde o protagonista pídelle á súa moza que lle faga unha promesa.

Este foi un dos mellores momentos que vivimos cando traballamos coa rapazada: en todos os grupos foron quen de ver que, o que o protagonista pedía á súa moza non era una forma de manifestar o amor, senón de recoñecer á outra persoa como unha posesión, unha propiedade privada sen vontade nin vida propia. Aínda que sempre houbo algún despistado que falou de amor ao ver esta escea, a maioría da clase sempre lle facía ver que os celos e o amor son sentimentos completamente diferentes.

O obradoiro remata, como non podía ser doutro xeito, cunha atitude subvertiva e constructiva, porque decidicimos utilizar a app Lipp para escoller algúns fragmentos de pelis e dobralos, para reivindicar un novo papel das mulleres nos medios e para denunciar as diferentes formas de violencia de xénero que reflicten. Sobre todo, decidimos redefinir o roles de xénero creando diálogos que denuncien o machismo e promovan unha verdadeira igualdade. Velaquí algúns deles, pero aconsellamos velos todos porque paga a pena 🙂