E coma sempre démonos conta do pouco conscientes que somos dos roles e actitudes que temos interiorizados como normais. Invitámosvos a que abrades unha revista de moda e vos fixedes polo miúdo nas imaxes publicitarias. Habedes quedar pampo, coma nós esta mañá!
Logo da conversa suscitada polas imaxes que Roi e María seleccionaron, o alumnado utilizou a ferramenta Lipp para dobrar esceas de películas nas que sustituiron os roles tradicionais por outros máis axeitados ao mundo no que queremos vivir. Non deixedes de ver as súas creacións, moito temos que aprender deles!
E por último, desde que empezou a sesión e vin as primeiras fotos apareceu na miña cabeza esta canción de Sés, que se non coñecedes vos invito a escoitar: “Non son fada nen princesa”.