Analizamos publicidade onde a metade da páxina eran anuncios de homes e a outra metade de mulleres. Foi sorprendente ver a diferenza que existía entre eles! Mais aínda sabendo que eran da mesma empresa ou axencia de publicidade. Os anuncios dos homes transmitían seguridade, simpatía incluso forza e valentía. Todos moi positivos. E moi“sanos”. Vamos un modelo ao que calquera rapaz pode querer parecerse.  No caso das mulleres… Persoalmente quedei atónita. A maioría parecían bonecas inertes sen sangre, extremadamente fracas, tiradas de calquera maneira. Sometidas, asustadas, manipuladas e algunha case violentada. Dubido que ningunha rapaza queira identificarse con algo así. Penso que o que fixo eses anuncios non quere a muller nin o que representa. De feito, ningún rapaz fixo un comentario positivo sobre os anuncios das mulleres. O curioso é que vend o o anuncio dos homes tiñas claro o que anunciaban, os das mulleres era imposible saber si era roupa, zapatos ou bolsos!
Na segunda parte do obradoiro, analizamos algunha escena de películas e a verdade que cando te paras a pensar nos diálogos, unha (como muller que son) sinte como un repelus… Noivas de protagonistas dominadas, espiadas e absorbidas polos noivos que supostamente son superheroes… María e Roi propuxeron facer unha dobraxe das escenas que acababan de ver pero claro quitando o compoñente sexista. Foi curioso ver como os diálogos brotaban facilmente. A contestación que daba a noiva non lles pareceu nunca lóxica ca escena. Algo esta a cambiar pero aínda falta moito claro… Igual tiñan que pasar María e Roi polas axencias de publicidade e cinematográficas, explicarlles que no mundo real as mulleres deixaron de ser obxectos de decoración  ou simplemente corpos sen opinión. Teñen curvas, sorrien e pensan por elas mesmas. E senón que llo digan as rapazas de Navia de Suarna!!