No último obradoiro de EpDlab, o que fixemos foi tratar a violencia de xénero (e outros tipos de violencia e discriminación como o machismo e racismo) dunha maneira moi orixinal, como de costume.
Esta vez, a ferramenta que usamos para tratar o tema proposto foi a aplicación… (redobre de tambores….)
Para o que non o sepa, é unha aplicación desenvolvida por que nos permite crear e publicar vídeos dunha duración máxima de 7 segundos.
Para crear o noso , baseámonos en grandes artistas como Zach King, un xenio usando esta aplicación.
Ademais, tamén falamos doutros fotógrafos e cinematógrafos da historia, como Eadweard Muybridge, que creou o experimento de «O cabalo en movemento»
Ou dos irmáns Lumière, creadores do “minuto Lumière”.
Despois deste pouco de teoría, puxémonos mans á obra e comezamos a gravar os nosos Vines e publicámolos todos poñendo na descrición o hashtag#EpDLab .
Todos os nosos vídeos pódense ver na páxina de EpDLab, ou na propia aplicación .
Agora só queda esperar impacientes a ver o que nos teñen preparado para o próximo obradoiro!
Marco Patiño López, IES A Sangriña