María e Roi promoveron un interesante debate que nos levou á conclusión de que debemos estar máis atentos e vixiantes ante as condutas discriminatorias. Afortunadamente, a única alumna estranxeira que temos no grupo (Fabi, de Ecuador), afirma non se ter sentido nunca en Boiro vítima do racismo

A continuación, Roi e María presentaron unhas pinceladas da historia do cine e a linguaxe audiovisual (a mecánica dos fotogramas en movemento e os traballos de Méliès) para achegarnos a trucos de gravación de hoxendía que posibilitan vídeos ocurrentes como os de Zach King (aparición-desaparición, perspectiva, tamaños das personaxes, stop-motion). Finalmente, aprendernos a usar a ferramenta Vine e a súa rede social e creamos pezas de denuncia de condutas racistas ou xenófobas.

IMG_20160112_153628