Vivimos nunha sociedade cada vez máis intercultural, algo  que, en principio, debería ser enriquecedor pero que desgraciadamente en ocasións  conleva problemas de racismo debido aos prexuízos existentes na sociedade occidental.

Por este motivo dende as aulas vémonos na obriga de traballar unha serie de valores  cos que o alumnado poida desenvolver un espíritu crítico que lle sirva de base para lograr unha sociedade mellor,máis xusta e con igualdade de oportunidades.

Para tratar estes contidos se lles propuxo aos alumnos e alumnas a creación de pequenos vídeos nos que tratasen esta temática empregando a aplicación de móbil Vine.

O reto non era nada sinxelo, pois tiñan que concentrar a súa mensaxe en sete segundos! Para levar a cabo esta tarefa contaron con algúns trucos audiovisuais que María e Roi lles explicaron ao principio da sesión, como xogar coa perspectiva, facer paradas e cortes ou o Stop Motion.

Todos e todas puxéronse mans á obra e deseguido comezaron a surxir  ideas ben interesantes!!

Unha vez máis a creatividade do alumnado sorprendeu gratamente a todos os alí presentes…