Este espazo está destinado á publicación da nosa experiencia no proxecto. Farémolo mediante o formato de diario ou bitácora da actividade, contando en primera persoa como foi a nosa participación nela. Docentes, coordinadoras e alumnado teremos a liberdade de compartir aquí a nosa visión, co obxectivo de poñer en común as fortalezas e vulnerabilidades que atopemos, así como de crear unha ferramenta que permita avaliar, replicar e adaptar o proxecto para outras escolas ou grupos educativos.
Segunda visita a Navia de Suarna
Nesta segunda visita que tivemos de Agareso, elaboramos noticias a partir de un vídeo. Despois de escribila, gravamos as nosas voces ditando a noticia que anteriormente escribíramos. Ao final de todo Iris, Ilyasse e Christian fixéronos unha entrevista na que nos preguntaron sobre as dúas sesións que tiveramos e si que nos gustaron porque foi moi divertido e aprendemos moito.