A proposta do noso segundo obradoiro levounos a reflexionar sobre cómo os medios de comunicación nos presentan e transmiten a información. Observamos e analizamos a partir da comparación de diferentes titulares de prensa, imaxes e, sobre todo, contestando moitas preguntas de Roi, cómo a mesma nova pode ter sentidos e significados moi diferentes segunda nola presenten destacando un ou outro feito, destacando unha ou outra imaxe. Fumos pouco a pouco deconstruíndo a información que nos chega para darnos conta de que non debemos tomala como unha realidade absoluta, sen ir máis aló. Finalmente, quedounos claro que a realidade dos feitos é moi variable segundo apareza nun ou noutro medio e que somos os lectores os que debemos desenvolver a nosa capacidade crítica para discernir a realidade que nos inflúe día a día.